Que é DEZ?

DEZ é o novo espectáculo da Banda de Gaitas Nova Era. Unha revisión do pasado dende a innovación. Unha noite que non poderán repetir, un novo estándar para o futuro.

Dende o ano 2015, a Banda de Gaitas Nova Era ten creado un estilo musical propio e diferente ao proposto polas agrupacións que se semellan. Agora que cumplen a súa primeira década, queren celebralo coa confección dunha velada á altura.

DEZ é a culminación a unha traxectoria ambiciosa, á procura da autenticidade e á intención de deixar un legado nunca antes visto. Un espectáculo con cinco paradas que non te deixaran indiferente:

  • Día I: Sobre o eco do que somos
  • Da nosa terra: Sobre o que nos regala o noso pobo
  • Colleita propia: Sobre o legado construído
  • Década de voces: Sobre vós, o noso público
  • Paisaxes do Atlántico: Sobre a faísca do que seremos

oriXes

Con motivo dos 10 anos da creación da banda, Nova Era lanza o documental "oriXes" onde se quere dar a coñecer a historia da banda, analizando os bos e os malos momentos.

E ti, queres formar parte da nosa historia? Se tocas algún instrumento, non dubides en contactar con nós a través das redes sociais ou no correo: [email protected]

Rumbo NE

O noso primeiro traballo de estudo é toda unha viaxe arredor do mundo grazas a disparidade de estilos musicais que nos atopamos nas cancións. Tanto é así que podemos escoitar xéneros tan diversos como é a muiñeira galega ou o "swing" americano, pasando pola salsa cubana, a música dos países celtas ou os ritmos balcánicos.

Este disco está cheo de sorpresas e conta coa colaboración de artista da talla de Óscar Ibáñez na "Alborada de Verín e Muiñeira de Piadela" ou o "Coro da compañía da fundación Mayeusis" que nos pon os pelos de punta coa súa aportación en "Amencer no Val" e "Señora Rosalía".

A edición física de "Rumbo NE" presentase en formato CD, onde se narra a historia dunha viaxe en barco na que a banda sonora son as propias cancións que forman o disco


Que estamos a argallar?

A gaita galega entra no World Record Guinnes

A gaita galega entra no World Record Guinnes gracias a Álvaro Rúa que consegue dar a nota máis longa do mundo cun instrumento de vento.

Máis Info
Entrevista concedida a un dos magazines máis importantes do panorama musical

Os nosos directores, Dani e Álvaro, explican as bases musicais nas que se asenta a banda e presentan o primerio traballo de estudo: "Rumbo NE".

Ir á entrevista
Obra social

Este ano, Nova Era estivo moi activa nas actividades da vila e en eventos de carácter social como foi o IV aniversario do centro de Día "Solleira", os "Maios" ou o "VibraVerín".

Ver Fotos